15 jun 2010

Enlaces interesantes!!!!

 O curso vai rematando e comezan as agardadas vacacións. Ao longo deste curso fixemos moitas cousas coas TICs, pero o tempo de lecer ás veces é fenomenal para seguir aprendendo na nosa casa, a través de internet.

Así que, aí vos van uns enlaces a páxinas moi interesantes. E todas gratuítas!!

  Suite de Openoffice http://gl.openoffice.org/: Para facer os vosos escritos, táboas ou presentacións de diapositivas, e moito máis. Está tamén en GALEGO!

Paint.net http://paint.net/: Un programa que serve para traballar fotos (amañalas, correxir as cores, recortar, etc..) e paradebuxar e pintar.

Dafont.com http://www.dafont.com/: Unha páxina onde poderás descargar fontes (letras) para o teu computador e de xeito gratuíto.
  1. Descargas a fonte
  2. Descomprímela (porque estará nun paquetiño)
  3. Cópiaa (botón dereito do rato-copiar)
  4. Abres MI Pc-C:-Windows-Fonts
  5. Metes a fonte aí, reinicias o Windows e xa tes a túa fonte lista para escribir!

Google earth http://earth.google.es/: Instala este programa no teu computador e poderás viaxar polo mundo, ou se o prefires simplemente visitar a túa casa a vista de satélite.



Que disfrutedes das vacacións e vinde coas baterías cargadas para aprender moito maís ainda!!!!