6 mar 2010

A NASA nas nosas mans!

Este é o enlace para a páxina da Axencia Espacial dos EE.UU., NASA, para nenos. Ten un montón de cousas, entre contidos multimedia, xogos, etc.. Unha maneira moi interesante de achegármonos ao mundo da astronomía e as viaxes espaciais.

http://spaceplace.nasa.gov/sp/kids/

E se ademais queres ver fotos espectaculares do espazo visita esta outra http://hubblesite.org/gallery/. Poderás ver fotos incribles quitadas polo telescopio espacial Hubble de planetas, estrelas, nebulosas,... e incluso descargalas, ademais de máis cousas. A páxina está en inglés pero é moi fácil de usar.





Un calendario coa túa foto!!

En http://www.freephotocalendar.net/free-printable-photo-calendar.php podes facer un calendario coa foto que ti queiras. Podes escoller un mes determinado, o ano e algunha cousa máis. Está en inglés pero é fácil de usar e gratuito, e créache un documento PDF que poderás imprimir sen problemas.

Sons relaxantes...

Nesta páxina http://www.soundsleeping.com/ podes seleccionar a combinación de moitos sons, ben para entreterte ou para relaxarte. Para pasar un bó rato!

METEOGALICIA- Choverá ou fará Sol?

Dende o blog recomendamos http://www.meteogalicia.com/, o servizo galego de metereoloxía. Para estar ao día no tempo que imos ter, o mellor do mellor.


Así que xa sabedes, abrigádevos ou andade en camiseta!!

Imaxes dende o espazo!!

Dende este enlace poderedes poñervos no lugar dos astronautas da Estación Espacial Internacional que orbita ao redor da Terra. É unha cámara ao vivo e merece moito a pena.


QUE A DISFRUTEDES!!

http://www.estacionespacial.com/canaltv.php